Filme baseado na novela de Eduardo Blanco Amor

Xa podes ver A Esmorga en Filmin e Universcine

Xa podes ver o filme en Filmin ou en Universcine se estás en Francia, Bélxica, Suíza ou Andorra

Lanzamento do CD coa BSO de A ESMORGA, composta por Zeltia Montes

CD á venda aquí

Estrea de A ESMORGA en Versión Española de TVE

Presentación e coloquio con Cayetana Guillén Cuervo

DVD xa á venda

sinatura_dvd

A Esmorga a grande triunfadora do Festival de Toulouse

Foi o filme máis premiado no Festival du Film Espagnol. Ignacio Vilar, mellor director (cun premio creado ad-hoc para valorar a súa achega no filme); premio á mellor interpretación masculina protagonista para Morris, Karra Elejalde e Miguel de Lira, e á mellor fotografía para Diego Romero.

laureles

Nominacións aos Premios Goya

A Esmorga obtivo unha nominación, na categoría de mellor guión adaptado, para Ignacio Vilar e Carlos Asorey. O filme segue a facer historia ao converterse na primeira longametraxe rodada en galego que consegue unha nominación a este prestixioso galardón.

Éxito total de público na estrea nos cines de A Esmorga

Foi o segundo filme con maior recadación media en toda España a fin de semana da estrea. O filme supera os 40.000 espectadores e chega ás quince semanas nas carteleiras. Foi a mellor estrea de todo o ano en España entre os filmes con menos de 100 copias (cun total de 18).

Crítica en The Hollywood Reporter

Ler o artigo orixinal | Ler o artigo traducido

Crónica tensa e intensa de vinte e catro horas na vida de tres homes, compañeiros de esmorga que, deixando un regueiro de destrución, de sexo equívoco e reprimido, van fechando portas tras si e guindando coas chaves, como para non querer volver, tal coma se adrede camiñaran á súa perdición.


‘A Esmorga’ no Festival de Cine de Ourense. 15/11/14

Estrea de ‘A Esmorga’ na Coruña. 21/11/14. Fotos de Xurxo Lobato

Preestrea de ‘A Esmorga’ en Madrid. 30/04/15

Preestrea de ‘A Esmorga’ en Barcelona. 05/05/15

‘A Esmorga’ no Festival Cinespaña de Toulouse. 10/10/15

 

Se queres ver máis imaxes do filme e a rodaxe, visita as galerías do noso Flickr!

 

Instagram

Loading...

No Twitter


No Facebook

Unable to display Facebook posts.
Show error

Error: Error validating application. Application has been deleted.
Type: OAuthException
Code: 190
Please refer to our Error Message Reference.

Cibrán

Home de carácter débil, que se deixa embrullar facilmente, vítima dalgunha forma de depresión que se activa cos incidentes climáticos. É o máis consciente dos tres, tanto no que se refire á conciencia de clase como á identificación da sociedade na que vive.

Miguel de Lira

Premio Mestre Mateo á Mellor Interpretación masculina protagonista no 2013 por Somos gente honrada (Alejandro Marzoa), Miguel de Lira é un dos máis recoñecidos actores galegos dos últimos anos. Vinculado ao teatro, obtendo neste múltiples éxitos de crítica e público, participou tamén en grandes filmes galegos e españois: No habrá paz para los malvados (Enrique Urbizu), La noche que dejó de llover (Alfonso Zarauza).

Interpreta en A Esmorga o personaxe de Cibrán, narrador desa esmorga de 24 horas polas rúas de Auria.

Bocas

É un matalobos, tan amoral como o Milhomes pero cunha vontade de poder e un delirio de acadar experiencias únicas descoñecido polo seu compañeiro.

Karra Elejalde

Premio Goya á interpretación masculina de reparto no ano 2010 por También la lluvia (Itzíar Bollaín), Karra Elejalde é un dos máis prestixiosos e valorados actores do panorama estatal. Actor destacado en filmes de Julio Medem (Vacas, La ardilla roja, Tierra), Juanma Bajo Ulloa (La madre muerta, Airbag), Alex de la Iglesia (Acción mutante) ou Alejandro González Iñárritu (Biutiful), é protagonista tamén da película máis taquilleira do cine español, estreada con enorme éxito no mes de marzo de 2014: 8 apellidos vascos, de Emilio Martínez-Lázaro.

Interpreta en A esmorga o personaxe de Bocas, verdadeiro motor da acción e personaxe de múltiples matices que Elejalde, cun virtuosismo extraordinario e amosando de novo o seu espectacular talento interpretativo, engrandece e logra achegar ao espectador. Todo isto nun galego perfecto.

Milhomes

Vive a súa homosexualidade da única forma posible no mundo que o rodea, dominado pola homofobia. A súa vida afectiva debe disfrazarse da camaradería masculina e contentarse coa permisividade que consenten as borracheiras.

Antonio Durán ‘Morris’

Premio Mestre Mateo 2011 á Mellor Interpretación masculina protagonista pola longametraxe Doentes (Gustavo Balza); Premio Mestre Mateo 2006 á Mellor Interpretación masculina de reparto por O partido (Juan Calvo); Premio Chano Piñeiro 2009 a toda a súa traxectoria, entre outros.

Antonio Durán “Morris” ten destacado en cine en producións tan relevantes como Los lunes al sol ou Princesas (Fernando Leó de Aranoa), así como en filmes máis recentes como Retornos (Luis Avilés), Os fenómenos (Alfonso Zarauza) ou Somos gente honrada (Alejandro Marzoa).

Protagonista tamén dalgunhas das máis exitosas producións da televisión tanto en Galicia (Padre Casares, Voz Audiovisual para TVG) como fóra dela (Luna, el misterio de Calenda, Globomedia para Antena 3 TV), conta cunha longa traxectoria que o converte nun dos grandes actores do audiovisual galego de todos os tempos.

Ollar o resto dos Personaxes

Raxada
Melania Cruz

Lisardiño
Yago López

Acacio
Lois Soaxe

Tía Esquilacha
Covadonga Berdiñas

Sr. de Andrada
Patxi Bisquert

Pega
Alfonso Agra

Socorrito
Sabela Arán

Monti Castiñeiras

Cabaleiro
Monti Castiñeiras

Cupatrás
Elena Seijo

Piolla
Fina Calleja

Viguesa
Ledicia Sola

Nonó
Mela Casal

Amelia
Amelia Guede

Cabito
Santi Prego

Costilleta
Mónica García

Barrigas

Barrigas
Pepo Suevos

Ignacio Vilar
Director
Ignacio Vilar
Carlos Asorey
Guionistas
Marina Fariñas
Ignacio Vilar
Produtores
Marina Fariñas
Víctor F. Freixanes
Ignacio Vilar
Produtores Executivos
Eva Rivas
Directora de Produción
Diego Romero Suárez-Llanos
Director de fotografía
Zeltia Montes
Música
José M.G. Moyano
Montaxe
Ángel Amaro
Director de arte
Xavier Souto
Son
Mar Fraga
Vestiario
Susana Veira
Maquillaxe e Perruquería
Ermel Morales
Asesor de actores
Sandra Montes
Axudante de dirección
Alberto Tomé
Xefe de Produción

Se es xornalista, blogger ou tes interese en difundir material relacionado con A Esmorga aquí podes descargar información e imaxes seleccionadas a boa calidade para utilizares no teu medio. Teñen unha licenza CC-BY-2.0 pola que se permite a súa reprodución atribuíndo a propiedade intelectual a Vía Láctea Filmes, S.L.

Memoria do filme (.pdf 5,8 MB) / Galego
Memoria do filme (.pdf 6,9 MB) / Castelán

Imaxes

Audios

Tres mp3 con música do filme (.zip 14MB)

  • Créditos de inicio
          Descargar audio
  • Non che farei ningún mal (extracto)
          Descargar audio
  • O escuro obxecto do desexo
          Descargar audio

Tres mp3 con fragmentos do filme (.zip 1,6MB)

  • Voz en off Cibrán
          Descargar audio
  • Diálogo Cibrán – Milhomes – Bocas
          Descargar audio
  • Chegada á Monfortina
          Descargar audio

Vídeos